BODEGAS COSTAS DE EXPORTACIÓN SOCIEDAD LIMITADA

Bodegas Costas de Exportación é una empresa familiar situada no Concello de Moaña (Pontevedra).

De terceira xeración, nace grazas ao carácter emprendedor de D. José Costas Casás, quen botaría a andar unha das primeiras industrias vinícolas da Comarca do Morrazo.

Cun claro carácter continuista, a segunda xeración marca unha etapa de renovación e cambio no sistema produtivo cun forte investimento tanto en tecnoloxía como na creación dunhas novas instalacións. A terceira coincide coa internacionalización da empresa  á vez que se acadan novos modelos de negocio grazas á creación dunha destilería artesanal e dunha nova adega acollida á Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo.

Na actualidade a planta de Moaña ten unha capacidade para trescentos mil litros de viño repartidos entre depósitos e adega subterránea.

Mediante a búsquea constante da calidade como premisa familiar, e con proxectos de I+D+i levados a cabo conxuntamente pola dirección técnica e o enólogo xefe, cada colleita, cada vinificación, é única, aportando ao produto final, o viño, un carácter singular e diferenciado.

Grazas á paixón e adicación deste grupo adegueiro, Raigames, monovarietal albariño elaborado na adega acollida á IXP Ribeiras do Morrazo, acada na súa primeira colleita a “Medalla Gran Oro” no Concurso Nacional de Viños VinEspaña 2025 e as Medallas de Prata, tanto no Concurso Internacional Bacchus 2025 como no International Wine Challenge 2025, considerado o máis prestixioso concurso de viños a nivel mundial.

BODEGAS COSTAS DE EXPORTACIÓN SLU

AVDA. DE MARÍN, NÚM. 78 – 36950 MOAÑA – PONTEVEDRA – ESPAÑA

 986 311 050 – 669 676 066 – 650 686 045 /  bodegascostas@bodegascostas.com

www.bodegascostas.com